UN CLUB COMPROMETIDO COA CALIDADE
No Club Natación e Triatlón Mar de Artabria temos obxectivos comúns que nos ilusionan e motivan a diario.
Queremos que as nosas escolas adestren e aprendan á vez que
fan amigos e se divirten. O deporte é a mellor ferramenta para o seu desenvolvemento físico, emocional e social e permítelles crecer e chegar a ser persoas máis comprometidas e seguras de si mesmas. Adestramos para mellorar, para superarnos, independentemente das espectativas, á marxe da xenética. Dá igual que hoxe non sexas a máis rápida. Dá igual que non sexas o máis forte aínda. Todo eso está por ver, non hai presa. No noso club coidamos o proceso, coidamos á xente, traballamos para crear vínculos positivos coa práctica deportiva e pensamos no futuro.
Queremos que o equipo de competición acade as súas metas. Metas realistas pero sen complexos. Involucrarnos co grupo ata onde queiran para chegar lonxe. Aprender xuntos, estar permanentemente actualizadas para responder co mellor apoio o seu esforzo diario. Sabemos que serán uns anos que lembrarán toda a vida e probablemente influirán en quen chegarán a ser. Por eso o tomamos tan en serio e traballamos con tanto cariño.
Club Mar de Artabria
SER EQUIPO



